miércoles, 11 de mayo de 2016

2ª JORNADA DUATLÓN

IV Liga Escolar de Duatlón "Do Val Miñor 2016" - 2ª xORNADA



Organiza conxuntamente a Concellalia de deportes do Concello de Baiona a través da sua escola de ciclismo e a Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do seu progra-ma deportivo escolar XOGADE (duatlón) a segunda xornada da liga escolar que teremos o vindei-ro sábado día 21 de Maio 2016 no antigo campo de fútbol de Santa Marta en Sabaris, Baiona.

Os participantes deberán levar a súa bicicleta (preferiblemente de BTT) e o casco.

REGULAMENTOS DA PROBA
Cada proba constará de 2 mangas, de cada manga, se sumarán os puntos conseguidos en función a posición que obteñan cada ciclista na respectiva manga e do número de participantes existentes en cada unha delas.

O participante deberá recoller o dorsal 30 minutos antes de comezar a proba.
Realizarase un ranking individual entre todolos escolares participantes así como outro por entidades e colexios.

Os horarios son orientativos. A 1º proba comezará as 11.00 h
A IV Liga do Duatlón escolar 2016 constará de 2 probas en total: 20 de Febreiro e o 21 de Maio. Cada unha das probas puntuarán para un ranking final onde na última das probas farase a entrega dos premios os 3 primeiros de cada categoría e a os primeiros centros escolares.