As categorías participantes son: Pre Benxamín Mixto (12 -11).
Benxamin Mixto (10 - 09).
Alevín Mixto (08 - 07).
Infantil Mixto (06 - 05).
A data límite de inscrición é para o día 28 de Marzo, e obrigatorio
cumprir os plazos xa que debemos tener dados de alta no seguro os
cativos participantes.
Para formalizala inscricion pódese;
a) Cubrindo o boletín de incrición que se os achega e facendoa chegar.
o pavillon municipal de Baiona vía email; deportes@baiona.org.
b) Chamando o 986.356.558 e deixando teus datos para participar.
c) Que algún responsable do centro educativo recolla todalas peticións dos interesados e nos remita as mesmas (e necesario como mínimo nome completo, data de nacemento, colexio ó que pertence, teléfono de contacto e probas nas que participa).
Importante; o número de prazas para participar será limitado, sendo por riguroso orden de inscrición.
Bases da Competición:
Realizaranse tandas clasificatorias en cada unha das probas ata obter os mellores 6 tempos de todas elas, para a posteriori realizar a final en dita proba.
As probas son de carácter mixto.
As saidas a cada unha das probas realizarase dende o interior do vaso (non salto).
As probas son:
25 metros Croll e 25 metros espalda para Prebenxamins.
25 metros Croll e 25 metros espalda para Benxamins.
50 metros Croll e 50 metros espalda para Alevins.
50 metros Croll e 50 metros espalda para Infantis.
Os rapaces so poderán participar na súa correspondente categoría.