miércoles, 18 de abril de 2018

8º CAMPEONATO ESCOLAR DE NATACIÓN DO VAL MIÑOR 2018

O vindeiro Domingo día 29 de Abril  a partir das 10.00 h. ata as 13.15 h. na Piscina Mancomunada do Val Miñor, a Concellalía de deportes do Concello de Baiona, en colaboración cá  Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia, organizan o 8º CAMPEONATO ESCOLAR DE NATACIÓN DO VAL MIÑOR 2018 para todos los nen@s  que queran participar.



As categorías participantes son: 

 Pre Benxamín Mixto (11-10). 
 Benxamin Mixto (09-08).
 Alevín Mixto (07-06). 
 Infantil Mixto (05-04). 

Inscricións: 

A data límite de inscrición é para o día 26 de Abril, e obrigatorio cumprir os plazos xa que debemos tener dados de alta no seguro os cativos participantes.  Para  formalizala  inscricion pódese;

a)Cubrindo o boletín de incrición que se os achega e facendoa chegar o pavillon municipal de Baiona vía  email; deportes@baiona.org.
b) Chamando o 986.356.558 e deixando teus datos para participar.
c)Que algún responsable do centro educativo recolla todalas  peticións dos interesados e nos remita as mesmas (e necesario como mínimo nome completo, data de nacemento, colexio ó que pertence, teléfono de contacto e probas nas que participa).

Importante; o número de prazas para participar será limitado, sendo por riguroso orden de inscrición



Bases da Competición: 

 Realizaranse tandas clasificatorias en cada unha das probas ata obter os mellores 6 tempos de todas elas, para a posteriori realizar a final en dita proba.
 As probas son de carácter mixto.
 As saidas a cada unha das probas realizarase dende o interior do vaso (non salto).