O Club Deportivo Escola Rosalía en colaboración coa Escola Rosalía, a Fundación Escola Rosalía, a Federación Galega de Bádminton e baixo o apoio do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia, organiza este próximo sábado 9 de novembro unha Xornada de Portas Abertas, baixo o nome "O bádminton contra a violencia de xénero".
Esta actividade desenvólvese dentro das campañas de prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero que teñen como principais destinatarios a nenos e nenas, adolescentes e a mocidade, co obxectivo de que se conciencien da importancia de convivir en igualdade.
A actividade consistirá nunha pequena competición mixta, sen diferenciación de sexos nin de idades, na que o obxectivo principal sexa a convivencia entre todos e todas fronte ao deportivo.
As inscricións a esta actividade podes realizala no enderezo de correo electrónico clubescolarosalia.bad@gmail.com antes do venres 8 de novembro indicando nome completo e data de nacemento de cada un/a de os/ as participantes.
O lugar será o Pavillón da Escola Rosalía, no cal se accede pola calle Camiño Loureiro, s/n en Bembrive (este acceso é polos patios traseros do Colegio Escola Rosalía). O horario será de 17:00 a 20:00 horas.
* Quen quera participar tamén pode poñerse en contacto co profe jose no colexio ou tamén por correo: cdangeldaguarda@gmail.com